Tras seleccionar diferentes películas que, adaptadas ás diferentes idades do noso alumnado, tocasen valores como a tolerancia, o respecto e a non violencia, as aulas de audiovisuais e o salón de actos convertéronse por un día en salas de cine nas que comimos palomitas e nos emocionamos, profesores e alumnos, coas historias que os seus protagonistas nos estaban a contar na pantalla.
Os filmes proxectados foron:
- Gru, mi villano favorito, para Educación Infantil
- Azur y Asmar, para 1º, 2º e 3º de Primaria
- War Horse, para 4º, 5º e 6º de Primaria
- Little Boy para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
Unha preciosa xornada da que estas fotos son un pequeno recordo:
CINE POLA PAZ on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario