viernes, 26 de febrero de 2016

STORYBOARD

Continuamos a nosa aventura cinematográfica. Neste caso as nenas e nenos de educación infantil estiveron traballando no STORYBOARD ou guión gráfico que é un conxunto de ilustracións secuenciadas que nos axudan a entender unha historia. É un paso previo antes de filmarse unha película. Poderiamos dicir que é a maneira habitual de pre-produción na industria fílmica.
A continuación pódese ver a storyboard feita polas nenas e nenos a partir do conto canto ruído da editorial OQO a través deste link.



 https://drive.google.com/folderview?id=0B9lGcv3dgcYnQ3F3Sy1EYjFNX1E&usp=sharing

miércoles, 17 de febrero de 2016

XOGOS ÓPTICOS: O FLIP-BOOK

No ano 1868, John Barnes Linnet presenta o Folioscopio ou Flip-book. Este xogo consiste en debuxar sobre anacos de papel do mesmo tamaño diversas fases progresivas dunha acción. As follas pásanse rapidamente coa axuda do dedo polgar creando así a ilusión do movemento. O máis interesante do Folioscopio é que para facelo só precisamos papel e lapis. En Educación Infantil fixeron a experiencia e resultou moi divertida. A continuación pódese ver unha pequena mostra.

lunes, 15 de febrero de 2016

ENTROIDO DE CINE

Seguimos adiante con noso proxeto e que mellor maneira de facelo que cun Entroido de Cine, este ano inspirado en diferentes xéneros cinematográficos, dende o western americano ata o cine de ficción pasando pola animación entre outros.
Despois de moitos preparativos o pasado 5 de febreiro de 2016 celebramos o Entroido de Cine no noso centro, onde, ademais dunha degustación de filloas e actuacións dos cursos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, puidemos saír en comparsa polas rúas do noso pobo, a Baña, foi un día fantástico e cheo de ilusións.

Aquí deixamos a reportaxe gráfica do día.

CINE POLA PAZ

O venres 29 de xaneiro, para conmemorar o Día da Paz, todos os alumnos do cole asistiron a unha sesión de cine con "palomitas pola paz".

Tras seleccionar diferentes películas que, adaptadas ás diferentes idades do noso alumnado, tocasen valores como a tolerancia, o respecto e a non violencia, as aulas de audiovisuais e o salón de actos  convertéronse por un día en salas de cine nas que comimos palomitas e nos emocionamos, profesores e alumnos, coas historias que os seus protagonistas nos estaban a contar na pantalla.

Os filmes proxectados foron:



Unha preciosa xornada da que estas fotos son un pequeno recordo:

CINE POLA PAZ on PhotoPeach