lunes, 27 de junio de 2016

EROS E PSIQUE

Continuamos coa mostra dos traballos de creación audiovisual desenvolvidos ao longo do curso nas distintas etapas educativas.

Nesta ocasión tócalle o turno ás alumnas e alumnos de Cultura Clásica de 3º de ESO que son os autores do guión, interpretación e gravación desta divertida curtametraxe sobre a historia de amor entre Eros e Psique.

Unha divertidísima forma de achegarse á mitoloxía clásica a través da cal afondaron nos seus coñecementos sobre a linguaxe audiovisual ao tempo que desenvolveron a súa creatividade a partir da imaxinación e os escasos recursos cos que contaban. O resultado podedes velo vos mesmos.

Un excelente traballo en equipo!



lunes, 30 de mayo de 2016

Canto Ruído!

Despois dun intenso traballo ao longo de todo o curso chegou o momento de amosar o resultado! CANTO RUÍDO! é unha curtametraxe realizada coa técnica de animación stop motion polas nenas e nenos de educación infantil  xunto coas súas mestras Lucía, Sonia e Alejandra a partir do conto Canto Ruído! de José Campanari e Simona Mulazzani editado por OQO.
Esta actividade forma parte do proxecto integrado de centro que versa sobre o CINE premiado e financiado pola Fundación Barrié e que se leva desenvolvendo  todo o curso. Así mesmo está dentro do Plan Proxecta promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Foi unha experienca única e inolvidable na que todas e todos aprendemos e desfrutamos un montón.
A curta pode verse a través da web da televisión de Galicia e participa no concurso Nos tamén creamos! promovido pola mesma CRTVG.
Esperamos que vos guste, moita sorte e que gañe a mellor.


martes, 5 de abril de 2016

ESCOLAS UNITARIAS

Estas son algunhas das escolas unitarias sobre as que estamos a traballar para o noso Documental. Pronto poderedes velas ubicadas en Google Maps para poder visitalas.

Carballeira (A Riba)

Corneira
Escolas Obra Pía (San Vicente)
Escolas Vellas (San Vicente)
Fiopáns
Lañas moderna
Lañas (escola de nenas)
Marcelle
Nantón
 O Barro
 Ordoeste
 San Cibrán
 San Cibrán (2)
 San Mamede
 San Xoán de Barcala
 Suevos
 Trece
 Troitosende
Valiña (Lañas) (escola de nenos)
 A Ermida (Gosende)
 Cabanas (1920)
 Cabanas (casa-escola)
 Colexio Cuba
 Corneira (casa-escola)
 Ferraces (Corneira)
 Gosende (Casa-escola)
 Marcelle (casa-escola)
 Seilán (casa-escola)
 Vilacoba (Troitosende) 
Vilar de Cima (Corneira)

miércoles, 23 de marzo de 2016

The Influence of Ancient Civilizations: Mayan and the Chocolate --- The Story of Chocolate


Tomando como base o libro de lectura do 2º trimestre dos alumnos de 1º ESO, preparei un pequeno proxecto para que profundizaran un pouco máis no libro e traballaran a partir da información que tiñan.
A presentación que inserto a continuación
é un resumo do que fixeron.
Se a última diapositiva (que é o tráiler da película)
tarda en cargar, mirádeo directamente en internet ;)

IMPORTANTE: Premede no botón de AUTOPLAY que está en OFF.



O premio final foi ver a película "Chocolat". Deixámolo para a última semana antes das vacacións, xa un pouco desafogados de exames. O argumento cadraba moi ben co tema traballado (as orixes do chocolate) e a época do ano na que está encadrada tamén, xusto antes de Semana Santa :)
Teño que dicir que o primeiro día non pareceron conectar coa trama,
ben é certo que esa primeira vez
deu tempo a empezar a vela e pouco máis.

Afortunadamente o segundo día a historia pillounos por completo
e souperon apreciar o especial que é esta cinta.


viernes, 26 de febrero de 2016

STORYBOARD

Continuamos a nosa aventura cinematográfica. Neste caso as nenas e nenos de educación infantil estiveron traballando no STORYBOARD ou guión gráfico que é un conxunto de ilustracións secuenciadas que nos axudan a entender unha historia. É un paso previo antes de filmarse unha película. Poderiamos dicir que é a maneira habitual de pre-produción na industria fílmica.
A continuación pódese ver a storyboard feita polas nenas e nenos a partir do conto canto ruído da editorial OQO a través deste link.



 https://drive.google.com/folderview?id=0B9lGcv3dgcYnQ3F3Sy1EYjFNX1E&usp=sharing

miércoles, 17 de febrero de 2016

XOGOS ÓPTICOS: O FLIP-BOOK

No ano 1868, John Barnes Linnet presenta o Folioscopio ou Flip-book. Este xogo consiste en debuxar sobre anacos de papel do mesmo tamaño diversas fases progresivas dunha acción. As follas pásanse rapidamente coa axuda do dedo polgar creando así a ilusión do movemento. O máis interesante do Folioscopio é que para facelo só precisamos papel e lapis. En Educación Infantil fixeron a experiencia e resultou moi divertida. A continuación pódese ver unha pequena mostra.

lunes, 15 de febrero de 2016

ENTROIDO DE CINE

Seguimos adiante con noso proxeto e que mellor maneira de facelo que cun Entroido de Cine, este ano inspirado en diferentes xéneros cinematográficos, dende o western americano ata o cine de ficción pasando pola animación entre outros.
Despois de moitos preparativos o pasado 5 de febreiro de 2016 celebramos o Entroido de Cine no noso centro, onde, ademais dunha degustación de filloas e actuacións dos cursos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, puidemos saír en comparsa polas rúas do noso pobo, a Baña, foi un día fantástico e cheo de ilusións.

Aquí deixamos a reportaxe gráfica do día.

CINE POLA PAZ

O venres 29 de xaneiro, para conmemorar o Día da Paz, todos os alumnos do cole asistiron a unha sesión de cine con "palomitas pola paz".

Tras seleccionar diferentes películas que, adaptadas ás diferentes idades do noso alumnado, tocasen valores como a tolerancia, o respecto e a non violencia, as aulas de audiovisuais e o salón de actos  convertéronse por un día en salas de cine nas que comimos palomitas e nos emocionamos, profesores e alumnos, coas historias que os seus protagonistas nos estaban a contar na pantalla.

Os filmes proxectados foron:



Unha preciosa xornada da que estas fotos son un pequeno recordo:

CINE POLA PAZ on PhotoPeach

martes, 26 de enero de 2016

NADAL DE CINE (II)

Para felicitar o Nadal, os nenos e nenas de Infantil e Primaria elaboraron unhas fermosas postais de cine.
Aquí vos presentamos unha pequena mostra:





miércoles, 20 de enero de 2016

UN NADAL DE CINE (I)

Aquí temos, por fin, a galería fotográfica que recolle brevemente o fermoso traballo desenvolvido polos alumnos de Educación Infantil, Primaria e 4º de ESO para o festival celebrado en decembro co título de Un Nadal de Cine e adicado ao cine musical.
Despois de oitas horas de ensaio e preparación, a representación tivo lugar o xoves 17 de decembro de 2015 no Auditorio Municipal de Negreira.
Ata alí nos desprazamos, profes, rapaces, pais e nais para pasar unha mañán inesquecible da cal estas magníficas fotografías realizadas por Alejandra Vázquez son só unha pequena mostra.

martes, 19 de enero de 2016

Japan at a Glance

En Citizenship (Cidadanía de Seccións Bilingües) seguimos descubrindo e abríndonos a outras culturas. Nesta ocasión Xapón, por petición de Natalia,
unha das alumnas de 2º ESO.


 

 
 
Tras traballar no proxecto, Fabio outro alumno animouse a preparar o seu vídeo, que preparou durante as vacacións de Nadal.
 
 

 
 
Están preparando tamén un póster sobre unha
película xaponesa e alguna cousa máis
(engadireino máis adiante, cando esté presentable).
 
Visionaremos alguna escena de películas xaponesas, que parece producirlles curiosidade. O documental que viron sobre a vida típica dun estudiante de intercambio nunha cidade xaponesa resultou todo un descubrimento.
 
 

sábado, 16 de enero de 2016

25-N "Día Contra a Violencia de Xénero"

O pasado 25- N con motivo da celebración do Día “Contra a Violencia de Xénero” elaboramos un xoguete óptico chamado Taumátropo. O obxectivo era que o alumnado poidese entender coa construcción deste enredo que había antes do cine.
Por outra banda os debuxos escollidos representaban a metáfora gaiola-paxaro entendendo que a muller é dona de sí mesma nunca propiedade de ninguén.
Para entender un pouco mellor os comezos do cine o alumnado de educación infantil fixo unha reportaxe explicativa que podedes visualizar nesta entrada no blog.

Ese mesmo día tivo lugar no salón de actos a proxección dunha curtametraxe dirixida pola primeira directora de cine da historia Alice Guy, en concreto “Les résultats du féminisme” con data 1906. Neste film pódese observar como, con absoluta maestría, a directora da unha volta aos roles de xénero, algo totalmente insólito na súa época.